Visitamos o castro de Galegos, as ruínas dunha casa fidalga na mesma aldea, o muíño das Canizas, a aldea de Basadre co seu castro, hórrea, casas fidalgas e sarcófagos. En Ramil percorremos un tramo das Torrentes coa espectacularidade das súas fervenzas e rematamos no castelo de Pambre.
Para pasalo ben non cómpre facer longas viaxes. Nos arredores tamén hai moito digno de visitar e para disfrutar en compañía. Os nenos viviron unha tarde de fantasía entre dragóns, osos, lobos, castrexos e príncipes.
Xa o dixo Lamazares, falando de Manuel Pesqueira... "pinta o teu povo e serás universal"
ResponderEliminarO coñecemento do medio natural é un atallo para chegar a coñecerse a un mesmo, para integrarse e rematar por amar unha terra.
Estes cativos non esqueceran na vida eses días.
Saúde e terra.
Non hai como a boa compaña para desfrutar en calquera lugar.
ResponderEliminar