Non son unhas grandes fotos, nin posúen calidade, pero cada imaxe que recuperamos do antigo recinto feiral de Agolada é coma rescatar da ruína a alma do vello mercado que tanto e tan ben definiu á nosa vila. Farei as indagacións necesarias para ver se podo conseguir os orixinais destas imaxes escaneadas da páxina dun xornal, publicadas hai preto de trinta anos. A de arriba está tomada desde o contramostrador do pendello de Licerio mirando cara o Paseo da Parranda. A de abaixo recolle o pendello-expositor do Sarandeses, o máis longo do recinto, mirando cara o pendello do Mato.
O teu ten moito m�rito. Sigue as� xuntando toda esa memoria espallada.
ResponderEliminar