10 de agosto de 2007

IX MOSTRA DE ARTESANÍA NOS PENDELLOS


Hoxe día 10 e o 11 e 12 celébrase nos Pendellos de Agolada a IX Mostra de Artesanía, organizada polo Concello de Agolada e coa colaboración da Deputación, Xunta de Galicia e Fundación Deza.
Foi a mellor iniciativa oficial que se trasladou ata agora para un uso digno do antigo recinto feiral. E cremos que xa está consolidada e que goza da atención do público. Onde sempre cabe mellorar é na presentación do recinto e no seu estado de conservación. Para mellorar esta Mostra e outros eventos cómpre recuperar o resto dos pendellos-expositores (sobre todo os da Parranda), dotar de servizos actualizados o conxunto (baños, iluminación permanente, toma electricidade, accesibilidade no pavimento, etc.).
A Asociación Amigos dos Pendellos, á que pertenzo, participa nesta Mostra cunha exposición de fotos e cunha proxección multimedia titulada. "A mellor arquitectura de feira".´
Á beira da Mostra organízanse outros actos musicais, lúdicos, talleres manuais, romaría medieval, festival intercultural, Mostra de folclore tradicional, festa da bicicleta, títeres, certame de bandas de música e a Feira do 12.
As fotos que acompañan esta entrada corresponden á Mostra de Artesanía do ano pasado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario