Supoño que o deterioro da vella ponte levou ás autoridades locais á demolición da ponte medieval para substituíla por esta de formigón. E como faltou sensibilidade coa historia da ponte vella, derrubaron as rochas que había nas beiras da ponte e a inscrición acabou na auga, coa fortuna de que deixou as letras á vista (ben puideron quedar ocultas). Na foto de abaixo coa frecha branca indícase a traxectoria de caída da rocha. A inscrición figura marcada pola frecha laranxa.
A rocha caeu en sentido invertido, de aí que as letras estean volteadas. Parte da inscrición aínda xace baixo a auga. Non se trata da rocha nai, senón que é unha rocha desprendida, pousada na auga.
Agora coa foto en sentido inverso poden intuirse algunhas letras comúns con outras incricións medievais de pontes. Non posúo transcrición do texto. O Museo de Pontevedra publicou no seu boletín El Museo de Pontevedra Nº XXXII (1978) un opúsculo titulado El Puente de Mourazos. Inscripción medieval a orillas del Ulla. Golada, por Alberto PLATERO FERNÁNDEZ. No seu día non puiden consultalo porque o que solicitei foron as páxinas manuscritas orixinais e acabo de descubrir que foi publicado no boletín hai xa moitos anos.
No lado de arriba do pear esquerdo aínda pode verse un pouco do muro do basamento da antiga ponte.
Despues de leer tu comentario creo que no has preguntado mucho a la gente del lugar,ya que la piedra como tu dices que se cayo debido a las obras de derrumbamiento de la antigüa no es de todo real,ya que la piedra de siempre estuvo abajo en el rio,esto no quiere decir que esa fuera siempre su situacion,pero desde mis abuelos e incluso tatarabuelos,la piedra siempre estuvo alojada en el lugar que ahora es visible.Un saludo
ResponderEliminar