Do románico conserva unha portada de dobre arquivolta con tímpano liso, os canzorriños baixo a cornixa voada da ábsida, o arco triunfal, a ábsida rectangular e as fiestras abucinadas.
O románico ten tres referentes en Agolada: Ventosa, Órrea e Ferreiroa. Nun segundo plano, tendo en conta os elementos que conservan, estarían Borraxeiros, Berredo e Ramil. E quedarían outras igrexas que posúen vagas reminiscencias románicas como é o caso de Eidián, Merlín, Baíña e Agra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario