30 de agosto de 2007

PORTA CON ARCO DE MEDIO PUNTO REBAIXADO

Percorrendo as aldeas de Agolada e dos concellos limítrofes, un repara naqueles elementos naturais e arquitectónicos que sobresaen ou chaman a atención. Se en toda unha aldea os linteis das casas son horizontais e só unha presenta o lintel con forma de arco de medio punto rebaixado, pois esa porta chama necesariamente a atención. Non sei da antigüidade da casa, nin parece que sexa máis antiga que as demais, nin máis importante, pero o canteiro ou o propietario tiveron a vontade de facela diferente. E iso merece ser destacado porque sen romper patróns nin materiais, conseguiron singularizar un elemento arquitectónico, neste caso unha porta, que está na aldea de Quintela (Ventosa).

1 comentario:

  1. Bonita entrada, a saber que personalidade ter�a o que a mandou facer. Curioso.

    ResponderEliminar