Adolfo descende da fidalguía rural de Moas (Brántega). Unha ascendente súa casara co escribano don Ramón Barrio de Losada, fundador da feira de Agolada e responsable do traslado da Capela das Virtudes.
Adolfo é custodio dunha importante documentación que explica algunhas pasaxes da historia de Agolada. De momento tiven acceso a unha mínima parte por mor da enfermidade que afecta a Adolfo desde hai anos. Deixou Ferreiroa para recibir os coidados necesarios na residencia Los Magnolios de A Coruña. Alí estiven con el departindo durante dúas horas un día de agosto do verán de 2006. Hai uns meses souben que a súa enfermidade se agravara e aínda non tiven xeito de ilo visitar. Desde esta páxina envíolle un saúdo que sei que lle transmitirán e unha airexiña de lembranzas de Ferreiroa para procurarlle unha melloría na saúde. Noventa e un anos e toda a lucidez e a memoria acugulada de historia, de anécdotas e de agarimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario