O panorama musical de Agolada pódese calificar de satisfactorio tendo en conta que a poboación do concello apenas chega aos 3.800 habitantes. A Banda de Música Municipal, os gaiteiros Bico da Balouta e a Coral Polifónica son agora o trío de grupos que desenrolan actividades musicais de maneira permanente. Débese engadir a Escola da Banda con todo o que representa no plano didáctico.
A Coral Polifónica data do ano 1992. Nace por iniciativa de dous profesores do Colexio Público e co respaldo do Concello e baixo a batuta de Enrique Alvarellos. Estrenouse nese mesmo ano cun concerto de panxoliñas na igrexa parroquial. Chegou a acadar oitenta compoñentes. Na actualidade sobrepasa en pouco os trinta.
Nestes quince anos percorreu numerosas poboacións galegas con actuacións destacadas na Catedral de Santiago, no santuario de O Cebreiro, o mosteiro de Samos, o mosteiro de Carboeiro, o Círculo das Artes de Lugo, o Centro Cultural García Barbón de Vigo, etc. Participou en dous intercambios internacionais cunha poboación francesa e outra italiana.
Sufriu un pequeno lapso tras o pasamento de Enrique Alvarellos e retomou a actividade baixo a dirección de Xosé Luís Quintas e un ano despois con Pablo Vázquez, quen a dirixe desde hai dous anos. Xosé Luís Factor, gran entusiasta da música, preside e coordina as actividades deste colectivo, ao que pertenzo desde hai case tres anos e no que participo con bastante irregularidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario