8 de setembro de 2007

PRIMEIRAS OBRAS DE RESTAURACIÓN NOS PENDELLOS

A principios dos anos 90 o Concello e a Xunta de Galicia tiveron a feliz idea de organizar campamentos internacionais de verán, semellantes aos campos de traballo. Como idea motor estaba a limpeza do recinto, levantamento dalgúns muros caídos, reposición de tellados. Foi todo un empurrón. Pero desde aquela a desidia e o desinterese volveuse instalar entre o vecindario e as autoridades.
Agora, no período 2004-2007, desde a Asociación Amigos dos Pendellos levamos bregado moito a prol da definitiva restauración. Pero son moitos os atrancos; os peores, os administrativos e os persoais. É incomprensible que haxa 174.000 € dunha Consellería agardando por un formalismo da Deputación, que está actuando como atranco. Que saiban que os perxudicados non son os seus rivais políticos. Os verdadeiros perxudicados somos os agoladenses e por extensión todos os defensores do patrimonio.
Poñan sentidiño, gobernen para o pobo sen buscar en cada acción o electoralismo e a represalia fronte aos opositores. En Agolada non está a oposición e os votos xa os teñen. Que máis desexan?
A foto está escaneada e foi publicada hai anos na Voz de Galicia.

1 comentario:

  1. � unha pena, que todo se mova dependendo dos colores. Hai cousas que non se entenden, como � que pensen que perxudican aos rivais pol�ticos, e non o pueblo. �nimo e a seguir loitando

    ResponderEliminar