O vindeiro sábado, 15 de setembro, a Agrupación Bico da Balouta organiza na Praza da Randulfa dos Pendellos de Agolada un encontro de música tradicional con diversas actividades que encherán de alegría e de cultura o mediodía e a tarde dese día.
Trátrase, sen dúbida, dun evento produto da xenerosidade dos compoñentes de Bico da Balouta, que dun xeito incansable levan feito moito a prol da dignificación e recuperación da vida cultural deste concello.
A elección do escenario no recinto dos Pendellos é outra manifestación máis en favor da recuperación deste espazo para a vida dos agoladenses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario