
Agolada posuíu ao longo dos séculos dous enclaves monacais que non coexistiron: o convento xesuíta de San Sadurniño en Velpellós, moi preto do Arnego, e o mosteiro de monxas benedictinas de Órrea. Este último está amplamente documentado. Del consérvase a igrexa. As pedras das dependencias monacais pasaron a formar parte das casas das proximidades. Na microtoponimia tamén queda constancia do mosteiro: A Fonte das Monxas, Camiño da Fonte das Monxas.

O templo loce un excelente románico do século XII, con fachada barroca sobre a portada orixinal.

Ábsida, pilastras, beiril, capiteis, canzorriños, portas. Todos contribúen á decoración do templo.
Nun recanto da ábsida quedan as pedras da ara do desaparecido cruceiro procesional.
Case a ve un mellor no teu blog que alí ao reparar en tanto detalle.
ResponderEliminarUnha fermosura co eses detalles feitos na pedra.
ResponderEliminar