Desde a aldea de Gurgueiro parte un camiño rural en dirección suroeste que conduce a uns prados e bosques de piñeiros, carballos, bidueiros e ameneiros. O lugar emana paz porque un sábese afastado de todo. O río marca unha liña no fondo da paisaxe. Pódese vadear por uns pasais. Do outro lado, o bosque de Alperiz.
Estamos en Racamonde. Así é como se coñece o lugar. Alperiz e Racamonde, nomes de ascendencia xermánica, tan antigos coma eufónicos.
Estamos en Racamonde. Así é como se coñece o lugar. Alperiz e Racamonde, nomes de ascendencia xermánica, tan antigos coma eufónicos.
Alí, escondido baixo a espesura do bosque está o muíño, construído totalmente con pedra granítica, tellado e cume incluídos. E aínda en funcionamento.
Para acceder ao muíño hai que salvar a presa por unha pontella que consiste nunha simple lousa alongada.
Pois é ben raro topar un muiño en tan bo estado funcionando e todo.
ResponderEliminar