A imaxe do Ton van Vliet aínda non ten trinta anos pero semella que pasase moito tempo máis. O branco e negro, a corredoira calzada de coios e máis a condución das vacas marelas pertencen xa a un pasado que marcou a fronteira entre a tradición e a modernidade. A mesma escena hoxe tería características ben diferentes: as fotos son de cor e dixitais, a corredoira é agora unha estrada local asfaltada, as vacas actuais por veces permanecen nos establos durante días e a cor marela foi substituída polas pintas suízas, holandesas ou alemás. A arquitectura popular sufriu toda clase de alteracións e a uniformidade de materiais deu paso a un puzzle multicolor de difícil dixestión.
Avanzar cara as comodidades que nos ofrece este primeiro mundo desenrolado non está en absoluto contraposto ao respecto polos valores tradicionais, nos costumes, na arquitectura, nos modos de vida. Unha sabia combinación de ambas había de depararnos múltiples beneficios e satisfaccións.
Fermosa imaxe. Coma sempre.
ResponderEliminarAgás o asfaltado con gravilla todo segue igual. É na saída do lugar de Vilariño en dirección á Eirexe.
ResponderEliminarJosé Luis Sucasas.