3 de setembro de 2007

DE PASEO O DÍA DAS PRIMEIRAS COÑUMÓNS

Foi un día de Primeiras Comuñóns a finais dos anos 50. Despois da cerimonia, bares, praza e estrada enchíanse de xente que no ir e vir tiña diversión abondo. Verse, saudarse, falar cos amigos e cos veciños, naqueles anos de máis ilusión ca cartos, era unha festa. Poñer a roupa nova, facer unha foto cando había fotógrafo, ou simplemente mirar como outros a facían. Ollade os nenos da esquerda como non perden detalle do labor do fotógrafo.
As mozas que se retrataban eran Saladina do Facundo, Alfonsina do Blanquito e Pacita do Prudencio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario