3 de setembro de 2007

CRUCEIRO DE OUTEIRO DE ARTOÑO

Desde hai uns meses fixen o propósito de inventariar todos os cruceiros do concello de Agolada, os existentes e tamén aqueles que desapareceron e dos que aínda se garda memoria. Dos primeiros teño noticia de 74 e dos segundos, cinco. De todos xeitos é difícil establecer un criterio exacto para unha fiable catalogación. Nalgúns casos máis que cruceiros encóntrome con sinxelas cruces de mediano tamaño, chantadas en comareiros ou enriba de valados. Catalogalas coma cruceiros é cuestión de criterio.
Temos cruceiros con pedestal, fuste, capitel e cruz (con ou sen iconografía). Outros carecen dalgún destes elementos. É o que sucede coa tipoloxía do cruceiro da foto (ubicado en Outeiro- Artoño). Carece de capitel e de iconografía. Pero ninguén negaría a súa categoría de cruceiro.

2 comentarios:

  1. si me mandas a tua direccion eu podo mandarche as fotos duns 75 cruceiros e cruces de agolada.adrianpaz85@hotmail.com

    ResponderEliminar
  2. Noraboa polo teu labor de inventariado de cruceiros, antes de que sexa tarde demais.
    Unha aperta!

    ResponderEliminar