5 de setembro de 2007

A VOLTAS CO TOPÓNIMO

Gonzalo Barrio García entregoume ilusionado hai uns meses a foto de arriba, feita en Portugal indo de Santarem a Évora, catro quilómetros antes de chegar a Coruche.
No pasado agosto o compañeiro e amigo Xosé Manuel García envioume por correo electrónico a foto da esquerda. Pasaba el por A Ramallosa en Nigrán e o nome lembroulle que me podía interesar e velaquí o resultado. Moito obrigado.

GOLADA aparece definido no dicionario como "parede vertical que forma a embocadura dun río ou dun paso entre montes". Por iso non é estraño que coexistan os topónimos GOLADA E AGOLADA, AGUALADA, AUGALEVADA, AGUALEVADA, IGUALADA (Aigualada)..

Neste recorte de prensa, que aparecía no suplemento Galicia de La Voz de Galicia o 5 de novembro de 1988, Fernando Cabeza Quiles diserta ao respecto.


Por certo, a min non me cabe ningunha dúbida de que a nosa vila e o noso concello se deben grafiar AGOLADA, en total consonancia co que expresa Cabeza Quiles e tal e como recolle o Nomenclátor oficial da Xunta de Galicia.

1 comentario: