Hoxe adoitamos facer fotos a cotío e por iso mesmo concedémoslle menos importancia a este feito que no pasado revestía unha solemnidade característica.
Un grupo de mozos, amigos atenden con ledicia ao disparo automático da cámara pousada no chan.
Os retratados son Pepe do Secundino (tristemente desaparecido nun accidente paracaidístico militar) ¿?, Lupe do Víctor, Raquel do Prudencio, Félix do Prudencio, Cris do Lamazares, Pili Buxán, Crucita do Marcial, Elena Otero, Eva do Buxán. Anicados, Magar (o autor da foto), Clarita do Víctor e Fernando Ríos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario