O Arnego aínda é un río de augas transparentes.
O Arnego é unha riqueza líquida de seivas que nutren os eidos ermos
O Arnego é o cristal no que nos miramos os de Rodeiro, Lalín, Cruces e Agolada.
O Arnego é unha fartura para a mirada agradecida que pousa en frescos relanzos e esvara nas fervenzas e cachoeiras coma un rosario de pingas.
Parafraseando a Castelao: O día que saibamos o que val un río, ese día non teremos necesidade de... nada máis.
Hai moitos ríos como o Arnego, oxalá os saibamos conservar impolutos.
Foto: pequenas fervenzas debaixo da Ponte de pedra de Vilariño.
Pois hai que coidalo queun rio asi é un tesouro.
ResponderEliminarFermosa foto.
Na miña estadía polos EEUU quedabe abraiado do suxos que tiñan os ríos alá. A cor do río é marrón e están mortos. Hai que ir a zonas de montaña para topar ríos limpos.
ResponderEliminarOgallá aprendamos dos erros dos demáis e non estraguemos o que aínda conservamos.