Non pretendo emular o título dunha película de John Ford. É a maneira de lle chamar ao Arnego cando pasa entre Ferreiroa e Parada pola Ponte dos Cabalos. A referencia ten sentido se se entende que o pequeno é o río Ferreiroa.
Pero o río (case todos os ríos) é grande por outros moitos conceptos, non só polo tamaño. É grande a natureza que o rodea, a paisaxe da ribeira, as rochas que a estiaxe deixou á vista, o sonoro paso da corrente, é grande porque sabe a frescura que nace na sombra dos ameneiros, é grande porque hai diamantes esparexidos sobre a tona da auga, é grande porque durante séculos esculpiu canles de meandros baixo a ponte. É grande porque se volve poderoso nas fervenzas e nas enchentes, laborioso nas aceas e batáns, sereno na chaira... Grande, sempre grande.
Tamén se lle chama así ao pasar por Vilariño. E, en efecto, é grande por todo o que dis.
ResponderEliminarE tamén se lle chama así ó pasar polo Castelo. Ou sexa, debe ser moi grande o río ese..
ResponderEliminarSucasas.