Cada foto é un anaco da memoria. Desde 1960 en adiante é doado reconstruír a historia de calquera lugar só con fotografías. De aí para atrás calquera imaxe que se rescata adquire a categoría de documento de alto valor.
Esta foto feita un día de feira na caídiña da tarde, que se reflicte nas sombras alongadas, fala da nutrida concorrencia no paseo e de que os peóns eran donos do asfalto en detrimento dos automóbiles.
Os mozos son: Tuchiño, Félix, Wences, Pintor e Pepe Luís. Mozotes de Agolada a principios dos 60.
Coido que a Golada nos anos 60 gozaba de boa saúde.Está a contarme minha nai que a feira do 12 era un motor ecónomico de moito coidado. Nos primeiros anos teñen chegado a feira da Golada dende Cruces andando, cargando cos repolos as bestas. Maís tarde xa o facían no coche de "Martines" encima da lona que gardaba os repolos da xeada. Fala da costa do abaladoiro(camiño real) como último porto para acadar a camiño que os levaría mansamente ata a Golada. Tamén ían a unha feira máis pequena que había en Brántega. Daquelas tiña 16 anos e agora 75...está a contarme.
ResponderEliminarTamén di que cando a feira era froxa o camiño de volta facíano en silenzo e cando era boa, no camiño, había troula.
E nada máis, bicos e apertas.
Coño, canto pelo tiña o amigo Pintor! Atopar fotos destas é unha delicia. Un bar en Sanxenxo está cheo delas: dos anos 50 para aquí. Un día, sen querelo, atopei ao meu avó coa miña idade. Algún día terá o meu neto a miña.
ResponderEliminarAs fotos "antigas" son un tesouro.
ResponderEliminarApañalas