17 de setembro de 2007

IGREXA DE A BAÍÑA


Recollen Armando Vázquez Crespo e Daniel González Alén no seu libro A Comarca do Deza que a igrexa de A Baíña se edificou no século XVI sobre as ruínas dun antigo mosteiro dedicado a San Pedro, que disfrutaba en encomenda a casa de Moscoso, con cuantiosas rendas. Como o edificio estaba destinado unicamente á recollida de tributos, foi derruído polos Irmandiños.
O actual edificio é moi semellante a outras moitas igrexas do concello, nun estilo ecléctico que recolle elementos do barroco, neoclásico e románico.
Na foto da dereita vemos o campanario cos pináculos do barroco ollando cara o solpor. No horizonte, a elevación do castro de Val de Sangorza.


Cabe supoñer que o edificio actual se ergueu con elementos de fábrica dos primitivos edificios, como pode intuírse na presenza dos canzorriños románicos baixo o beiril do tellado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario