O pasado verán fixen a foto desta árbore seca na Serra de Agra. Tróuxome á mente os versos cos que se autodefine Celso Emilio Ferreiro.
Ollaime ben, eu son un arbre triste
feito de escura terra.
feito de escura terra.
Un segredo de outonos e de lúas
pola raíz me chega.
Un agoiro de paxaros durmidos
nas miña ponlas medra.
Vede estas maus de ventos e solpores,
vede como latexan.
Son os froitos acedos
dunha antiga colleita
de medo e soidá. Sobre min choven
as soidades amargas das estrelas.
Ollaime ben, eu son un arbre triste
afincado na orela dun río interminable,
misterioso, de muda voz coma o falar das pedras.
Estou pechado en min. Alá por fóra
os homes viven, morren, sempre a cegas
camiñan apalpando a longa noite,
namentras o bon Dios, calado, espreita.
pola raíz me chega.
Un agoiro de paxaros durmidos
nas miña ponlas medra.
Vede estas maus de ventos e solpores,
vede como latexan.
Son os froitos acedos
dunha antiga colleita
de medo e soidá. Sobre min choven
as soidades amargas das estrelas.
Ollaime ben, eu son un arbre triste
afincado na orela dun río interminable,
misterioso, de muda voz coma o falar das pedras.
Estou pechado en min. Alá por fóra
os homes viven, morren, sempre a cegas
camiñan apalpando a longa noite,
namentras o bon Dios, calado, espreita.
¡Que foto máis bonitiña!Co teu permiso, xunto con algunha outra, para a colección...
ResponderEliminarFaime lembrar unha árbore seca que xa cortaron que estaba no camiño do meu paseo matutino co Leo. O Leo miraba para ela sabendo que era distinta das outras e, quizais por iso, máis fermosa.
ResponderEliminar