26 de setembro de 2007

ARQUITECTURA FIDALGA EN VAL-AS TRABANCAS


Con auténtica sorpresa reparei nesta casa de Val (As Trabancas). A súa arquitectura presenta detalles que a distinguen das colindantes.
Os muros son de elaborados perpiaños, feito infrecuente nas casas labregas, mais ben propio de casas fidalgas.
A cornixa con moldura en gola baixo o tellado, un cadrado tapiado sobre a porta parece indicar a existencia dun brasón que foi arrancado do seu lugar orixinario.
A propia porta con dobre moldura engádelle distinción aos perpiaños e ao conxunto.
Non coñezo ningunha referencia oral nin documental que acredite o pasado fidalgo da casa, pero as pedras son bastante elocuentes.


2 comentarios:

  1. Coñezo o exemplo de máis vivendas dese tipo e viñan a ser como o lugar de recollida de rendas dalgunha familia fidalga ou do clero (Altamira, Ulloa, Sobrado dos Monxes, ..., que tiveron posesións nesas terras). O tema do escudo que seguramente si existiu nese lugar que marcas, unha vez abolidas as rendas e desaparecida a función principal da casa: ben puido ser destruído, levado pola familia fidalga e, o máis seguro, roubado e levado para outro lugar.
    Unha aperta, Fernando desde as terras de Camba e Ventosa

    ResponderEliminar