29 de outubro de 2007

AUTORIDADES EN AGOLADA

Recollín esta foto no arquivo de Manuel Galego Iglesias. É de mediados dos anos 60. Nela aparecen o crego de Agolada, D. Luís (con lentes escuros) e o alcalde Licerio de Trabancas, á dereita. Entre eles aparece un señor con gravata e unha señora con pano na cabeza dos que descoñezo a identidade. Semellan as autoridades que presidían un evento.
Importa menos saber qué acto celebraban. Para min ten máis interese a xente, a súa actitude expectante e estática. As mulleres dunha época, dunha tribo que loitou con múltiples adversidades. E a foto como testemuña daqueles anos e como lembranza dos que xa emprenderon a última viaxe, tomada diante do bar de Ricardo, na praza de Agolada.

3 comentarios:

  1. É COMO UNHA OLLADA AOS TEMPOS PASADOS

    ResponderEliminar
  2. Este alcalde Licerio de Trabancas, é Licerio Hermida Somoza?

    Canto tempo estivo de Alcalde?

    Tamén sería interesante saber quen son o "señor con gravata e unha señora con pano"

    E por suposto de que tipo de acto se trataba...

    A ver se se pode averiguar algo...

    Igrexas

    ResponderEliminar