29 de outubro de 2007

CRUCEIRO DE A BAÍÑA

Xa vai por dúas veces que Clara de A Baíña, a quen creo que non coñezo, deixou dous comentarios agarimosos e de interese neste blog. Pídeme que poña fotos de xente de A Baíña. Da xente das aldeas é da que menos fotos posúo. Pero terei que empezar a solucionar esta eiva se quero contentar aos seguidores desta páxina. Tamén teño que dicirlle que a parroquia de A Baíña aínda me merece máis horas de estudo e coñecemento.
En defecto de fotos de xente, ofrézolle este cruceiro que está na súa aldea, no adro da igrexa, tras a ábsida.
É un cruceiro moi digno e dos poucos que hai en Agolada que posúan mesado. Outra característica é que só presenta iconografía por unha das súas caras: o crucifixo.
Na foto superior vese o pico de Pena Maior ao fondo.
O cruceiro érguese sobre un pedestal de tronco de pirámide. O varal está biselado e presenta sección octogonal. O capitel é moi sinxelo e o Cristo crucificado ten o encanto do rudimentario e popular.

4 comentarios:

  1. Ou ti escribes moi rapido ou eu son moi lenta, en finnn. Co que me gusta o teu blogue, todo hai que dicilo.

    ResponderEliminar
  2. Joder, sí que traballaches estes días!!
    Eu quería engadir un comentario sobre un cruceiro de Agolada que é calcadiño ó de Alvidrón (http://www.concellodeantas.org/quevisitar/monumentos/monumento.php?idmonumento=10 )
    e agora non son quén de atopar onde raio teño esa información.

    Temos aficións ben semellantes, sí señor! (algunhas non confesadas nos blogs...)

    ResponderEliminar
  3. O de Santa Comba, carallo!!!
    (Cruces e cruceiros xubilares de Galicia. E.Fernández. Etnografía Galega vol VI).
    Tanto o Cristo como a Virxe Dolorosa son idénticas, ademáis do capitel esferoidal.

    ResponderEliminar
  4. Tes toda a razón, tamén o que está actualmente no cemiterio de Friufe e outro que hai en Vilanova (Borraxeiros). Todos eles se semellan. Poderían ser da mesma autoría? O capitel esferoidal aínda aparece repetido noutro cruceiro que está no camiño que conducía desde Couso á Pena da Virxe, santuario ao que acudían as xentes de Antas e de Agolada.
    Saúdos.

    ResponderEliminar