PISTAS:
- Na imaxe advírtese un importante xacemento arqueolóxico.
- A aldea da dereita ten un topónimo que indica abundancia de carballos.
- A aldea da esquerda segue esperando a que se repare a paisaxe agredida por unha canteira de granito.
(Podedes deixar as respostas nos comentarios. Ao primeiro que acerte deixareille outro comentario de recoñecemento.)
Nota: Non hai premio tanxible.
creo que se trata do castro Marcelín. Lugar onde segundo a lenda vivíu a raíña Marcela.
ResponderEliminarsegundo poiden apreciar hoxe, a última nova deste lugar, ao que todo o mundo agrede, é a colocación dunha antena vermella de máis de cen metros de altura, que aínda non fun capaz de discernir para que serve nin a súa utilidade.
xa vou preguntar maña mércores 31 a ver se conta cos preceptivos permisos e quen llos concedeu.
Premio virtual, Xosé Ramón. Efectivamente é o castro Marcelín, que está no centro da imaxe. As aldeas son: á esquerda a Vila Grande de Friufe e á dereira Reboredo (Robur-etum, abundancia de robres, carballos).
ResponderEliminarSaúdos e grazas polo correo sobre Aquam Levatam. Está interesante.