23 de outubro de 2007

CAPELA DO SAN RAMÓN (ARTOÑO)


A parroquia de Artoño está dedicada a Santa Aia pero as festas grandes celébranse o 31 de agosto na honra do San Ramón. O campo da festa é unha carballeira de vello, hoxe moi modificada, que se asenta na cara suroeste do antigo castro. No extremo sur do campo érguese a Capela coa que os lugareños honran ao santo. A capela é de planta rectangular, tellado a dúas augas e dúas portas, unha ao frente, con inscrición no lintel, e a segunda nun lateral. Sobre a fachada principal unha cruz de madeira lembra unha misión e un sinxelo campanario metálico coroa o edificio.

4 comentarios:

  1. Nos sei como te arranxas que se paso un par de dias sen porder lerte atopome con 2 o 3 posts que ler(esaxerando un pouquiño como non jijijji, pero é verdade)Descubrindo como sempre, descubrindo

    ResponderEliminar
  2. Unha capela pequena pero fermosa.O interior debe ser (como dixen antes fermoso)Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Eu teño fotos de dentro

    ResponderEliminar
  4. Eu teño fotos de dentro moi bonita

    ResponderEliminar