Porque a ledicia nace
onde hai risas e palabras;
porque queda quen console
nas caídas e desgrazas,
necesito das persoas.
Aínda que medren as cobizas
e existan os covardes,
anque engorden as envexas
e aumenten as deslealdades,
defendo ás persoas.
Porque a amizade é unha semente
que prende no cerne das almas
e cría complicidades
e optimismo e confianza,
creo nas persoas.
Aínda que exista a traizón
gratuíta e miserable,
destrutora de alianzas,
podremia da sociedade,
comprendo ás persoas.
Porque percibo o altruísmo,
o desinterese e a vontade;
porque aínda quedan guieiros
de compromiso e verdade,
admiro ás persoas.
Aínda que goberne o imperio
da mentira e a infamia
e os dardos das palabras
aniquilen as almas,
desculpo ás persoas.
Porque as persoas nacemos
como as moedas, moldeables:
na cara lucimos virtudes,
na cruz arrastramos maldades.
E haberá quen considere
pertencer a outra escala
porque o orgullo lle abafa
o claro espello da alma.
Que fermoso... mentres haxa alguén que crea nas persoas, sempre haberá tamén quen nos ofreza un sorriso.
ResponderEliminarGrazas polo teu, Busto!
Eu tamén creo nas persoas...Aviado estaría se non crese !.
ResponderEliminarFermoso texto.
Gustoume o de que somos cara e cruz porque é unha verdade coma un mundo.
Graciñas por pasar de novo pola Lareira, Busto.
ResponderEliminarEn relación ao que comentabas da santolina melidensis, pensei que a coñecerías, porque Marcial, ao que penso coñeces ben, anda traballando para conseguir algo semellante a unha zona protexida neses lugares que poida servir de escola para aprender sobre o terreo. Se tes a ocasión de comentarllo, xa che contará.
Falamos.
Apertas.
Vanessa
¡vaia letanía máis fermosa!
ResponderEliminar...para os que creemos nas persoas.
hola busto gustame moito o teu blog 3aaaaaaaaaa
ResponderEliminarHola gustoume moito o teu blog e un dos meus favoritos
ResponderEliminar