Paideleo pídeme coñecer o Paseo da Parranda na actualidade. Debera telo posto antes para que os que non sabedes da desfeita puidésedes valorar por vós mesmos. Fixen unha compilación dalgunhas das fotos que conservamos (Museo de Pontevedra, Arquivo Bernabé, Arquivo Magar) ordenadas segundo dous criterios:
- Ollando a rúa cara o Poñente
- Seguindo a orde cronolóxica (en sepia: 1966, branco e negro: 1973, as restantes son dos últimos catro anos).
Nas seguintes fotos ollamos a rúa cara o Nacente.
Esta foto de abaixo é de Manuel Fernández Buján (Magar), tomada en agosto de 1975 cando ao lonxe se percibía o fume dun gran incendio no Farelo. Á Parranda quedáballe pouco tempo para que chegasen as mans arrasadoras.
Esta foto de abaixo é de Manuel Fernández Buján (Magar), tomada en agosto de 1975 cando ao lonxe se percibía o fume dun gran incendio no Farelo. Á Parranda quedáballe pouco tempo para que chegasen as mans arrasadoras.
Graciñas pola mostra.
ResponderEliminarQuedou ben evidente o cambio e a perda de identidade do paseo da Parranda.
Creo difícil a recuperación tal como está o paseo na actualidade pero aínda hai esperanza.
Eu considero que é posible, desexable e incluso fácil devolvelo ao seu estado orixinal. É maior o custe político ou social que o económico. No económico hai máis traballo de paleadora para levantar o pavimento que o de reconstrución dos pórticos sobre os mostradores. Seguiremos a intentalo. Grazas pola túa aportación. Saúdos.
ResponderEliminarQue barbaridade!!! e vaia mérito o teu.
ResponderEliminarDoe no corazòn ver o que se perdeu. O do Paseo da Parranda foi un atentado brutal contra a nosa cultura. Còmo se puido pemitir-la sùa destrucciòn?
ResponderEliminar