Son importantes as razóns que esgrimimos para reivindicar esta recuperación:
- Con ela dariámoslle cohesión ao recinto, que agora aparece fendido polo actual Paseo da Parranda, unha avenida que rompe por anchura e materiais coa harmonía do recinto.
- Sería aconsellable rebaixar o pavimento ao nivel orixinal. Agora aparece sobreelevado entre os 60 e 80 cms., o que lle resta escala e esvelteza aos pendellos que miran cara a esta vía.
- Na súa recuperación poderíase presentar unha avenida porticada, susceptible de ser usada como paseo asoportalado, como mostradores de feira ou de exposicións monográficas. Tamén valería como terraza dos posibles establecementos de hostalería.
- Permitiría superar os problemas de restauración dalgunhas casas colindantes coa vía. Algún propietario négase a restaurar por lle quedar a planta baixa da casa semienterrada.
- As razóns afectivas tamén deben ser presentadas como válidas. Son moitas as persoas que consideran este Paseo como o máis emblemático do recinto, o máis añorado, o máis auténtico.
- Conseguiriamos aumentar o número de pendellos-expositores, aforrando o aluguer de carpas como sucede nas Mostras de Artesanía.
- Unha vez recuperado, coa celebración da feira neste espazo, volveriamos a ter a feira máis respectuosa co esplendoroso pasado das feiras. Quen non coñeceu a feira do 12 de Agolada anterior a 1977 non é capaz de imaxinar a enorme importancia que acadaron estes mercados nos planos económico e social.
Agolada posúe aínda unha feira digna. Pero no pasado foi sublime. Coa plusvalía de contar co mellor recinto de pendellos de toda Galicia. Admito réplicas que me apeen desta afirmación.
Recuperar a historia e algo mio fermoso polo que loitar que non quede soterrada
ResponderEliminarEstaría ben que puxeses unha foto da situación actual do paseo da Parranda para compararmos o pasado e o presente.
ResponderEliminarEu tamén coñezo gracias a ti a estrema da provincia de Pontevedra.
Un saúdo.
Non vou ser eu o que te apee de esas afirmacións, e mais, apoio todo canto dis, e creo que se debería de recuperar pendello a pendello, e restaurar tal e como está na foto. Animo
ResponderEliminar