Iamos pedir un novo impulso para que empecen pronto as obras de restauración nos edificios da Capela das Virtudes e na Casa da Neves, para os que xa existe o proxecto redactado e presuposto asignado de 174.000 €. Pedímoslle ao Director Xeral que volva insistir diante da Deputación de Pontevedra (propietaria dos edificios que se pretenden restaurar) para que se preste a firmar o convenio de cesión temporal dos edificios polo período de duración das obras.
Por parte da Consellería díxosenos que só falta que a Deputación firme a cesión, o demais é cousa feita. E que volverán cursar a firma do convenio como xa se fixera no mes de marzo pasado.
Desde a Asociación queremos destacar que atopamos na Consellería, en todo momento, comprensión, ánimo, receptividade e apoio. Xa nos gustaría dicir o mesmo da Deputación. E ao Concello tamén cómpre repetirlle que sería desexable que houbese maior implicación e firmeza para reclamar diante de calquera Administración os intereses do pobo de Agolada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario