7 de outubro de 2007

FROITOS E FLORES

Hoxe andei por terras de Lalín e Dozón en tarefas de intendencia na IV Ruta BTT a Lalín. As esperas permitíronme certas licenzas fotográficas que queren recoller a fermosura do bosque e a do xardín dunha casa de Puxallos.
O carballo é quizais a especie que mellor identifica o bosque de Galicia, e as landras no seu copete, a lembranza da alimentación dos castrexos e a promesa dunha boa ceba. Pero sobre todo, unha expresión de perfección redonda e vexetal.
A flor de abaixo é unha xoia nun xardín da montaña lalinense. Unha sorpresa de outono que quero compartir convosco.

5 comentarios:

  1. Eihh! Que fermosura a foto da landra! E a flor é todo un poema. Apáñoa coma se fose para min.
    Bicos, Busto!

    ResponderEliminar
  2. Cada día está máis interesante o blog. Fotografías, coma sempre as túas, marabillosas.
    Un saudo dende Ourense.
    Por certo a miña web "A vida nos ríos galegos" volve a cambiar de link, http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/webantiga/slorenf/vidario0.htm
    A Xunta non me da tregua ningunha.

    ResponderEliminar
  3. a foto da flor vermella reflicte algo que estamos a ver moito na cidade de Bos Aires. Ese pequeno arbusto chegou aquí (cando menos se espallou polos xardíns das casas) fai uns 20 anos e hoxendía atópase por todas partes. Cando os meus pais o mercaron, dixéronlles que era de orixe xaponesa.

    ResponderEliminar
  4. Fai un mes, cando chegou a minha cativa de pasar o verán na aldea, tróuxome nun bolsiño un puñado de landras dos carballos de Dorvisou. A idea non sei se foi dela ou doutros pero agasallo deixoume honrado.
    Fermosas fotos. Xa non hai quen che tusa :-)

    ResponderEliminar
  5. coma sempre, manolo, gozo destes fermosos agasallos que agrandas non só coa túa cámara, senón tamén con todo ese agarimo que se nota que lle pos.
    eu pola miña banda debo desculparme. ando media retirada da rede porque a vida ultimamente me está impoñendo ritmos rápidos e pouco pousados para determe con acougo nestes cativos tesoros que ofreces.
    unha aperta

    ResponderEliminar