Hai trinta anos era unha fraga virxe, apartada, na que a presenza de vehículos mecanizados era case imposible. Nos últimos anos preténdese revalorizar este espazo ante as sucesivas ameazas: pistas forestais, extracción irregular de cortiza, incendios, importación de fungos asasinos nas ferramentas dos peladores, etc.
Ao valor paisaxístico e natural deste val deberiámoslle engadir o económico co sabio aproveitamento silvícola e forestal. Tamén o turístico se se racionaliza desde o prinicipio. O bosque debe seguir sendo bosque e non unha romaría.
En Arbo hai exemplos fermosos de sobreiras abeirando a igrexa.
ResponderEliminarPena que non houbese un bosque delas.