5 de outubro de 2007

CRUCEIRO DO TÍO ESTEVO

Anque titulo esta entrada co nome do tío Estevo, non teño a certeza de que esta sexa a verdadeira denominación que se lle dá a este fermoso cruceiro. Non puiden contrastar aínda os datos que me pasou un único informante.
Para min trátase do cruceiro mellor esculpido do concello de Agolada, sobre todo no que respecta ao fuste, ao capitel e á iconografía (que presenta a singularidade de estar policromada). O basamento , sen embargo é sinxelo.
Este cruceiro está na entrada de A Guillerma ou Barrio del Carmen, que das dúas maneiras se lle denomina a este lugar da parroquia de Borraxeiros, segundo se chega de Agolada. Xusto onde aparta a pista que vai cara a Cristín e A Ermida.

3 comentarios:

  1. Non se ven moitos cruceiros policromados, recordachesme o que me gusta o arte.

    ResponderEliminar
  2. Este cruceiro foi feito polo pai do meu bisavó.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xandra, terás o nome do teu tatarabó? e outros datos como cando fixo o cruceiro? ou calquera outro dato

      Eliminar