8 de outubro de 2007

O DOMICILIO DOS REBOREDO


Puxallos é unha aldea da parroquia de Catasós, no concello de Lalín. Viven cinco ou seis veciños e apenas hai casas abandonadas. Desde a atalaia da montaña gozan de fermosas panorámicas e amplos horizontes varridos polas xistras invernais.
O domingo andei a pasear a aldea namentres os ciclistas ascendían nun latexo acelerado desde o Pozo Negro. Na entrada da aldea os ciclistas encontraban á dereita a casa dos Reboredo. Unha casa anodina de construción convencional. Pero os propietarios quixeron singularizala vestíndoa con pedra, nunha suma de elementos de difícil encaixe.
Á beira da escaleira que sobe ao primeiro andar, na horta, campan os bustos dos propietarios: Os Reboredo, Manuel e Dosinda. Arriba á beira do balcón e sobre un lenzo de gres monococción, un real brasón coa cruz de Calatrava e cunchas, lises e cruces espalladas baixo o helmo do xefe.

No outro extremo da horta un cruceiro de recente construción saúda aos peregrinos que percorren a Vía da Prata.
Un Santiaguiño peregrino no varal do cruceiro contribúe a aclarar a intención dos Reboredo de caracterizar o Camiño.
No muro que separa a horta do camiño, outra pedra é explícita respecto do lugar.
Con veciños así non hai peregrino que se perda nin camiñante que se aburra.

9 comentarios:

  1. Curioso. ¿Son canteiros os Reboredo, ou todo eso é de encarga?

    ResponderEliminar
  2. Monumento a arte kitch. Creo que debes abrir outra sección adicada a estas cousas. Faltoulles colgar do cruceiro unha tarabela para espantar os paxaros das brevas...

    ResponderEliminar
  3. Dende logo, estas marabillas podes pasar décadas alí mesmo, pero so é cando unha ollada xenerosa as atopa que cobran vida e brillo.

    ResponderEliminar
  4. Os Reboredo non son canteiros, son obras feitas por encargo a un canteiro de Lalín. Pero máis curioso do asunto é que no outro extremo da mesma aldea, unha filla dos Reboredo ten unha casa con obras semellantes, anque máis coidadas. Esas ofrecereinas noutra entrada.
    Moitos saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Pensei que deixara onte un comentario pero vexo que ás veces pérdense por Toiriz e non chegan a Golada :-)
    Preguntaba polo autor da obra, pois paréceme que ten o cuño de "o vila", non?. Anque Polo Deza hai outros artistas da pedra que o fan moi ben.
    Saúde e terra.

    ResponderEliminar
  6. Amigo Paco, creo que se pode tratar de O Vila, anque non me citaron o nome os propietarios.
    Moitas apertas.

    ResponderEliminar
  7. ay que post sin desperdicio, vou poñer un enlace no foro do Chiringuito, para que poidan vir ver ós Reboredo.

    aixesusquedemodevellos.

    ResponderEliminar
  8. Curiosísimos los dos bustos. Nunca había visto ninguno puesto así en los últimos cien años.

    ResponderEliminar