Agolada, a capital municipal, é un lugar da parroquia de Ferreiroa. Ferreiroa é, por tanto, a aldea matriz. Pequena, sete casas, erixida con sabedoría canteira en granito palla, preto do río.
A aldea posúe atractivos suficientes por si soa, expoñente do habitat rural de media montaña do interior. Merecente dunha restauración integral factible e non cara.
Hai por toda a aldea múltiples mostras da mellor etnografía. Hai uns días adentreime onde nunca ninguén me chamara, seguindo unha calella que vai cara os prados. E vinme gratamente sorprendido pola existencia do pozo da foto. Diferente e único. Empotrado nunha parede do pendello anexo a unha casa labrega. Ten a particularidade de presentar dobre cara: a interior e a exterior. Desde ambas as dúas pódese acceder ao torno que serve para subir o caldeiro da auga.

O pozo de feitura artesá presenta pousadoiro para o caldeiro, e buratos para os pés, que permiten descender ao fondo para limpalo.
Unhas portelas de madeira no interior permiten pechalo ou abrilo a discreción. No exterior tamén se advirten os batentes dunhas portelas desaparecidas.
Unha mostra excelente da etnografía rural merecente de atención e conservación para a posteridade.
Polas imaxes que publicaches parece unha casa desta das que merecen ser visitadas. Agora é cousa rara atopar pozos artesanais.
ResponderEliminarEu tamén opino o mesmo de que merece que pase a prosteridade