A ollada de Ton von Vliet tamén pousou neste enredo preferido daqueles adolescentes-xóvenes que fomos a finais dos 70. A foto á parte do costumista ten outras calidades que servirían para explicar polo miúdo os puntos de fuga dunha soberbia perspectiva. As diagonais, tanxentes e paralelas andan a enredar entre as siluetas. E as olladas dos cinco retratados compoñen unha escada de elocuencia e expresividade.
Carlos García, Mari Paz Vilar, Gonzalo Vilar e Chus Peleteiro son os actores-xogadores do futbolín que posan para a foto e o Chiqui de Pintor ficaba estantío diante daqueles ídolos que se enredaban no matraquillo do Bar Avenida de Agolada.
Xa choveu desde entón! Menos neste outono, no que andan as témporas viradas.
menudo futbolin comparado cos de agora.........
ResponderEliminarCarallo!, pois xa era dos que tiñan tapa de plástico. Con eses non había risco de levar un bolazo nos fuciños...
ResponderEliminarunha partidiña o futbolín nunca está de mais.
ResponderEliminarTes unha encarga no meu blogo.
ResponderEliminarA playstation fodeunos o futbolín...
ResponderEliminarPor certo, ¿non foi un galego o que inventara o futbolín?
Non sei, non me fagades moito caso. Ao millor soñeino :-)
Algunha vez faleite do encanto destas fotos. Qué marabilloso retratar o pasado. Apertas.
ResponderEliminarTodo llo hai que agradecer a Don Alejandro Finisterre
ResponderEliminar