5 de novembro de 2007

CALZADA DA PONTE DOS CABALOS

De vez en cando quero traer aquí a Ponte dos Cabalos por máis que sei que con falar dela non se vai arranxar soa. Pero si para ir creando a conciencia da necesidade de recuperala axiña. Para nós e para a posteridade.
Tal e como se ve na foto aínda mantén case a totalidade da calzada. Pero na marxe esquerda, mirando cara a Parada, obsérvase que caeron varios perpiaños do beiril e outros ameazan con caer. E outro elemento importante que se ten que restaurar é o peitoril das varandas, que xace no leito do río. Nunha pedra do peitoril figura a inscrición fundacional da ponte, que data do ano 970. É o monumento histórico máis antigo do concello de Agolada, de fermosa resolución arquitectónica, revestido coa auréola dos séculos e enmarcado nunha vizosa paisaxe.

3 comentarios:

  1. Gústame moito a ponte.¡ENHORABOA!
    Laura Castro Rozas.Primeiro C.

    ResponderEliminar
  2. E en que se pode botar unha man?
    Hai por aí algunha iniciativa en marcha para promover que se arranxe?

    ResponderEliminar