Non era sen tempo! Onte reuníronse na Deputación de Pontevedra os tres organismos afectados na restauración dos Pendellos. Escenificaron o acto de cesión de dous edificios á Consellería de Cultura por parte da Deputación. Dous edificios emblemáticos no conxunto dos Pendellos. Haberá que esperar ao ano novo para vermos as primeiras obras. E daquelas algúns descreídos tocarán as chagas coma Santo Tomás e empezarán a crer no futuro do recinto.
Para maior ledicia, aparece o anuncio da Deputación de acometer un plan integral de restauración. É unha excelente noticia. Só me quedaría pedir que non se esquecesen da Asociación Amigos dos Pendellos á hora de tomar algunhas decisións trascendentes. É un dereito ganado a base de amor e de traballo.
Hai tres anos, no primeiro gran paso da Asociación, celebramos unha mesa redonda con seis arquitectos con autoridade na materia de patrimonio arquitectónico popular. Naquela mesa quedou moi evidente a gran conclusión: restaurar para usar. Cómpre, por tanto, acertar nesa definición de futuros usos. E neste capítulo é onde cremos que podemos ofrecer a nosa mellor aportación.
xa sabia eu que a asociacion dos pendellos era para a restauracion do patrimonio da golada. un saudo
ResponderEliminarFelicidades Busto
ResponderEliminarAlédome dese paso dado. Espero visitar pronto os pendellos restaurados e postos en valor.
ResponderEliminar