Os materiais e características dos pendellos de feira varían segundo as características dos solos das respectivas zonas onde se ubican. O que non varía e a súa forma: mostrador, contramostrador, columnas pétreas e galería aberta.
Hoxe quero amosarvos o que queda dos pendellos en San Claudio (Ortigueira), ben alonxados de Agolada. E deles gustaríame destacar o tellado de lousa de pizarra, as columnas perfectamente talladas, de base cadrada e biseladas en prismas octogonais na parte media do fuste. As tapas dos mostradores e contramostradores perfectamente rectangulares e a parede traseira recebada e caleada.
E ao falar de San Caludio teño por forza que citar ao meu gran compañeiro e amigo Vicente Pérez Peña, natural deste lugar e co que traballei tres anos inesquecibles en Oleiros (A Coruña). Vicente morreu hai uns anos en Vilalba (Lugo), de onde era a súa dona, Carmina. Tíñalle prometida unha visita con toda a familia e alí estivemos hai tres anos. Cheguei moi tarde pero el sabe que cumplín co prometido. Era un home afable, próximo, gran conversador, educadísimo e polifacético: mestre, xuíz de paz, compositor e poeta. Gardo o seu último agasallo: Desde el crepúsculo, libro de poesía que eu prologuei a petición súa. Mellor dito: dous agasallos: o libro e a honra de o prologar. Houbo momentos moi fermosos que vivín con el e lembro especialmente cando cantabamos a dúo nas festas cos compañeiros e nalgún acto cultural.
En Antas tamén había pendellos.Estaban na finca que hoxe ocupa a farmacia nova e seguindo a liña da Avenida de Lugo por detrás da carnicería do Minguello, a Casa do España, etc. Eu lémbroos cos frentes de madeira e con amplísimas fiestras que se abrían o día da feira a xeito de mostradores.
ResponderEliminarTeño procurado fotos pero ainda non logrei facerme con ningunha.
Dásme unha boa noticia. Non oíra falar dos pendellos de Antas, e mira que vivimos ben preto. Peor só a referencia oral xa é un dato de interese para reconstruírmos o pasado da Galicia rural, que necesitaba o mercado como única fonte para obter renda líquida.
ResponderEliminarGrazas e saúdos.
Se alguén ten interese en facerse co libro DESDE EL CREPÚSCULO, de Vicente Pérez Peña, aínda hai exemplares á venda
ResponderEliminar