24 de novembro de 2007

ADOLFO IN MEMORIAM

Hai uns días enterramos ao amigo Adolfo Sarandeses Pallares na súa Ferreiroa natal.
Alí estivemos os veciños e os amigos agradecidos, arredor do templo románico, na campa onde agora repousan os seus restos.
Os últimos anos da súa lonxeva vida pasounos n'A Coruña. Agora volta á terra que amou para unha estancia definitiva, no panteón familiar, a escasos metros do seu solar primixenio e preferido.
Descanse en paz. E que este espazo que lle dedico no blog sirva como expresión de amizade e agradecemento diante dos seus deudos. A foto, inédita, fíxenlla nunha visita ao xeriátrico onde residiu no crepúsculo dos seus días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario