Volvín onda outras veces a reparar nos detalles do fermoso solar dos Bermejo, un enorme buque pétreo varado na gándara, o singular Pazo de Santa Mariña.
E alí, á beira do pazo, sempre me ocorre, experimento unha dobre sensación: admiración pola impresionante fábrica arquitectónica e desacougo ante o abandono e as barabaridades consumadas con alpendres de ladrillo e bloque adosadas á nobreza dos vetustos muros.
Na foto superior pódese ver unha soberbia escaleira con corredor voado sobre elegante columnata. Un caseto de ladrillo e cemento apegado réstalle toda a prestancia e é unha expresión de mal gusto.
O alpendre que hai diante do portalón brasonado (é un dos tres elegantes portalóns con arco de medio punto que dan acceso a diferentes zonas do pazo) é unha antoloxía do feísmo e un disparate antiestético que atenta contra a fisionomía do pazo e contra a historia que albergan estas paredes.
Bloques e fibrocemento adosados aos muros de perpiaño e as columnas de formigón tallando o acornixado claman por unha restauración respectuosa para este gran edificio que merece mellor destino e outro trato.
Cabe a denuncia que fas en cada renglón. Non hai pretexto nin razón para as tropelías que con esa magnífica obra se teñen cometido.
ResponderEliminarCon todo, permítome ofrecer estoutra vista:
http://www.concellodeantas.org/quevisitar/monumentos/
monumento.php?idmonumento=9
(Resulta curioso. O sábado eu fun de visita gastronómica Agolada)
Saúdos
Eu a eso chámolle terrorismo.
ResponderEliminarDe quen é propiedade? Non serían os donos os encargados de conservalo en condicións?
ResponderEliminar