Abundo sobre o tema da anterior entrada porque creo que os que non coñecen Santa Mariña (Antas de Ulla - Lugo) non puideron comprender a dimensión e importancia do deterioro deste pazo.
O edificio na actualidade está partido entre varios propietarios. Iso dificulta a súa restauración. O pazo é un enorme rectángulo cunha torre central, rodeado dun muro perimetral no que se insertan capela e cobertizos. Tres portalóns dan acceso ao recinto.
A torre, as chemineas, a impresionante balconada e os portalóns danlle carácter á construción. A balconada, sustentada por enormes ménsulas, percorre un tamo do muro leste (na foto da esquerda), toda a fachada sur e outro tramo na fachada oeste (na foto superior).
A capela e o corredor galería de acceso desde o pazo. Semella que no pasado era un corredor apoiado sobre columnata e que foi tapiado posteriormente.
Portalón da fachada leste. Dá acceso ao curro das cabalerizas. Era unha porta de servizo e de saída ás fincas.
Na foto da esquerda poden observarse os tellados a tres cores: tella nova, tella vella e "uralita". O cano de PVC desloce e canta por si só.
O pazo é o edificio principal dunha aldea que posúe unha arquitectura importante e de indubidable atractivo. Casas, igrexa e vía crucis completan un conxunto merecente dunha actuación integral que lle devolva o pasado esplendor.
É un lugar que ben merece unha visita.
Por máis que me amole -sinto certa culpa pola razón de vecindade-, non podo rebatir ningún dos atentados que citas...
ResponderEliminarSomente podo engadir que os que queiran vir a Santa Mariña, que non esquecan visitar a Igrexa románica. E se teñen ocasión de vela por dentro...mellor!
Saúdos
Ou sexa que é en Antas de Ulla, e eu que pasei por diante e nin me de catei que era un pazo. Saúdos
ResponderEliminar