28 de novembro de 2007

NA RECOLLEITA DA HERBA SECA

Ton van Vliet, fotógrafo holandés a cuxo arquivo acudo con frecuencia, tomou esta escena costumista dos traballos do campo a finais dos anos 70. A familia Sucasas de Vilariño, anfitrións e grandes amigos de Ton, estaban a recoller a herba seca polos métodos tradicionais: carro de tracción animal, gavelas de pó e suor, muller no alto para sobar o empalleirado e ripado coa "galleta" (forquilla lle din noutras zonas) para que o carro vaia campante en dirección á eira ou palleira da casa.

5 comentarios:

  1. fai dous anos fun a casa dunha amiga a axudar a facer unha palleira nunca o habia feito.
    A. Cris

    ResponderEliminar
  2. moitas destas colleitas debuxei na miña imaxinación co trazo das verbas da miña avóa. O carro tiña outra forma e a herba era -se cadra- menos. Este blog teu, este milagre teu, adoita darlle vida real ás lembranzas mais lonxana que teño.

    ResponderEliminar
  3. Cuando vi esta foto me emocioné y todo. Esa estampa formaba parte de los veranos de mi infancia. Luego me tragó la ciudad, y ahora ya no se ven palleiras/os en mi aldea. La hierba está en paquetes, cualquier día veo un tractor con pacas que pone SEUR
    Pero comprendo que la mecanización ahorra muchísimo trabajo duro a la gente que vive del campo. Que cada vez es menos.

    ResponderEliminar
  4. Antes si que era ben duro..... sempre me gusta imaxinar o pasado. Saúdos.

    ResponderEliminar