Hai unha semana aparecía esta noticia na prensa local. En moitos sectores de Agolada pasou desapercibida. A poboación parece inmunizada frente as palabras gastadas. E é verdade que coas palabras dos políticos hai que ter certa reserva porque a experiencia indica que traducir estas palabras en feitos é tarefa longa e pacienzuda.
A min como noticia paréceme excelente para Agolada, é o segundo gran recoñecemento para o antigo recinto da feira, despois da declaración de Conxunto Histórico-Artístico en 1985. Un anuncio e unha promesa de inversión de 1.200.000 €, en tres anualidades, por parte das dúas administracións (Consellería de Cultura e Deputación) non se recibe con frecuencia e menos cando se trata de patrimonio aquitectónico-etnográfico.
É a noticia que esperabamos desde a Asociación Amigos dos Pendellos. Aí seguiremos ata ver estas pedras revestidas da dignidade que merecen, traballando coa Administración, empurrando do carro, todos na mesma dirección, como fan os pobos que elixen un camiño de futuro, conscientes das súas posibilidades e sabedores do seu potencial
Parabéns, e a seguir tirando xuntos do carro. Como se suele dec ir...menos da unha pedra.
ResponderEliminarNoraboa,alédome moito Manuel.Moitos saúdos
ResponderEliminarEstades de noraboa entón. Alédame!
ResponderEliminarManolisimo....
ResponderEliminarEu xa lein a noticia fai uns dias, pero sinto ter que recoñecer que xa non creo nada de nada do que nos din.
E curioso que cada certo tempo apareza unha nova sobre os nosos pendellos.
¿Ata cando?. ¿Recordas o que nos dixo Felipe Arias na derradeira reunion que tivemos ti, RAquel e mais eu na delegacion de Cultura....
Din por ai que Meigas habelas ailas...
Eu xa penso que neste asunto tomaran realmente medidas cando xa non quede pedra sobre pedra en pé.
Quizais son xa pesimista en exceso. Non sei..