30 de novembro de 2007

REMATE DO SAN MARTIÑO

Con esta foto cedida pola casa de Cambote de Friufe (Merlín) poño remate a este mes de San Martiño tan atípico na meteoroloxía. Recolle a matanza dos porcos a principios dos anos 70 na propia casa de Cambote. Costume que aínda pervive e que paseniñamente vai esmorecendo á par da vida campesiña e por mor das restricións sanitarias actuais.
Na foto dous porcos xa colgan despois de abrilos en canal, o terceiro permanece no remolque do tractor para lavalo despois de telo chamuscado. Os nenos atrévense a tocar o fociño e tirarlle da orella ao animal agora que xa non morde nin rebule.
Aí vai a despedida de mes con este trío de refráns propios da época:
Polo San Martiño mata o teu porco e proba o teu viño.
A todo porco lle chega o seu San Martiño.
Ditoso sexa o mes que comeza por Santos e remata en San Andrés.

8 comentarios:

  1. Si. Acaba o mes de Santos sen chuvia, sen castañas e con pouco viño novo.
    En Arbo matan o porco para a semana. Xa se sabe: un microclima un chisco máis seco.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. A gastronomía da casa labrega xiraba arredor do porco. Lacón, cachucha, xamón, chourizos, touciño, unto, saíl...
    O día da matanza era unha festa. Ainda que a min producíame algo de desazón os berros dos bichos mentras non morrían desangrados.

    ResponderEliminar
  3. Esta foto lémbrame a miña infancia. Tamén matábamos os porcos na casa, viñan os veciños a axudarche, despois o regueiro a lavar as tripas e pola tarde e a noite partidas de cartas. E os nenos a xogar todo o día.
    Outros tempos.

    ResponderEliminar
  4. Eu nuna asistín a unha mata e creo que me daría algo de grima ver o porco tan vulnerable.

    ResponderEliminar
  5. outro refrán:
    POlo San Martiño a neve no fuciño

    ResponderEliminar
  6. Se os nosos velliños levantaran a cabeza non poderían imaxinar unha vida sen a matanza do porco.

    ResponderEliminar
  7. ¿Saberás que van a castigar a matanza ao vello uso?
    Eu gosto moito de manter as tradicións pero neste caso, case prefiro mirar para o outro lado e que todos sexamos un pouco máis respetuosos cos pobres animais, Así deste xeito, ao millor, tamén nos sensibilizados un pouco e nos comportarnos entre nós como persoas humanas. Amén

    ResponderEliminar