Na foto dous porcos xa colgan despois de abrilos en canal, o terceiro permanece no remolque do tractor para lavalo despois de telo chamuscado. Os nenos atrévense a tocar o fociño e tirarlle da orella ao animal agora que xa non morde nin rebule.
Aí vai a despedida de mes con este trío de refráns propios da época:
Polo San Martiño mata o teu porco e proba o teu viño.
A todo porco lle chega o seu San Martiño.
Ditoso sexa o mes que comeza por Santos e remata en San Andrés.
Si. Acaba o mes de Santos sen chuvia, sen castañas e con pouco viño novo.
ResponderEliminarEn Arbo matan o porco para a semana. Xa se sabe: un microclima un chisco máis seco.
Un saúdo.
A gastronomía da casa labrega xiraba arredor do porco. Lacón, cachucha, xamón, chourizos, touciño, unto, saíl...
ResponderEliminarO día da matanza era unha festa. Ainda que a min producíame algo de desazón os berros dos bichos mentras non morrían desangrados.
Esta foto lémbrame a miña infancia. Tamén matábamos os porcos na casa, viñan os veciños a axudarche, despois o regueiro a lavar as tripas e pola tarde e a noite partidas de cartas. E os nenos a xogar todo o día.
ResponderEliminarOutros tempos.
Eu nuna asistín a unha mata e creo que me daría algo de grima ver o porco tan vulnerable.
ResponderEliminaroutro refrán:
ResponderEliminarPOlo San Martiño a neve no fuciño
Se os nosos velliños levantaran a cabeza non poderían imaxinar unha vida sen a matanza do porco.
ResponderEliminar!Comese todo!
ResponderEliminar¿Saberás que van a castigar a matanza ao vello uso?
ResponderEliminarEu gosto moito de manter as tradicións pero neste caso, case prefiro mirar para o outro lado e que todos sexamos un pouco máis respetuosos cos pobres animais, Así deste xeito, ao millor, tamén nos sensibilizados un pouco e nos comportarnos entre nós como persoas humanas. Amén