2 de decembro de 2007

CAMIÑO TAPIZADO

O outono tapiza as pegadas dos pasos antigos, un perfume de historia percorre a vella corredoira, unha varanda valada asómase á fermosa terraza da carballeira e a pedra viste finas sedas de brións.
Hoxe dei con este tramo abandonado de corredoira entre o Sisto e Vilariño na parroquia de Órrea. A soedade e o misterio residían baixo as copas aínda vizosas da arboreda. Foi unha fartura para os sentidos.

2 comentarios: