As igrexas son unha parte importantísima do patrimonio arquitectónico e artístico dun pobo. Adoitan ser os edificios máis sobranceiros das parroquias, os que reúnen as aspiracións estéticas e espirituais con que en orixe foron concebidas. Son templos e son casas comunais que congregan á poboación en distintas celebracións e por moi variados motivos.
Hoxe están menos concorridas ca no pasado pero iso non as desvirtúa. O pobo erixiunas como unha manifestación das súas inquedanzas existenciais e como resposta á necesidade de conquerir o alén.
Eu cando visito un lugar sempre aprendo moito visitando os seus templos cargados de séculos, de testemuños, de arte, de sabedoría popular. Neles vexo escrita unha parte da historia dos meus ancestros, unha parte moi importante.
Non é cuestión de fe, que tamén. Son un símbolo cultural indeleble, de profundas raigames, que xermolou desde os alicerces e se espallou por todo o territorio ata acadar os confíns occidentais.
(Na colaxe de fotos aparecen dezanove igrexas do concello de Agolada. Hai 24 parroquias e 26 igrexas. Ferreiroa ten a igrexa homónima e a de Agolada. O resto dos templos son ermidas).
Cantas igrexas, encántanme todas. Grazas polos ánimos. O conservatorio de folque marcha para Santiago segundo me contaro, iso quere dicir que o millor sigo coa zanfona. Moitos saúdos
ResponderEliminarCada día que visito o teu blog sorpréndenme máis as coincidencias que teño contigo. Amosei este post na casa, para que visen que non son eu solo o rarito que vai fotografiar Igrexas!!
ResponderEliminarEn Antas temos 28 parroquias e 27 Igrexas (en Queixeiro quedaron sin ela fai anos).
Unha aperta