Levo once meses de traballo neste blog, que ao dicir dalgúns que si se expresan (unha enorme maioría dos lectores permanecen calados), xa se converteu nun referente para Agolada, para quen queira coñecer o epicentro galego aqualatense e para quen desexe enxergar nos recantos máis apartados deste concello.
Por que escribir un blog na Rede? Eu xa empezara a enviar comunicados e pequenas referencias a unha comunidade virtual que pasa do cento de agoladenses e cando coñecín este medio pareceume máis axeitado para os meus obxectivos. O principal obxectivo era e é divulgar e dar a coñecer Agolada para os propios aqualatenses e por extensión para os demais. E iso veu motivado porque nos últimos anos dediqueime a andar os recantos máis apartados do concello e a estudalo e decateime de que igual que eu non o coñecía ben, podería haber moita xente que non o coñecese. E resultou ser certo.
Desa andaina naceu un arquivo que supera as 23.000 fotos, que pretende ser un catálogo onde se inventaríen os bens patrimoniais deste territorio.
Despois dun tempo falando de temas múltiples e diversos hai veces en que chego a pensar se algún día ha de secar a fonte de onde agroman estas ideas. Penso no pequeno que é Agolada (grande talvez?) e en que chegará o momento de dicir "aquí cheguei, aquí parei". Nese caso que ninguén interprete mal. Dicía o poeta:
"No digáis que agotado su tesoro,
de asuntos falta, enmudeció la lira.
Podrá no haber poetas, pero siempre
habrá poesía". (Bécquer)
Eu creo que sempre haberá Agolada, fale eu dela ou non. Mais, mentres eu teña tempo e corda seguirei a darvos materia coma a que traio na foto: esa policromía que a primavera do 2005 plasmou no sotobosque, con pinceladas vivas de queiroas sobre o manto verde.
A natureza ofrécenos sempre agasallos impagables. Quédanos achegarnos a ela e dedicarlle a nosa mirada namorada.
A foto foi sacada nunha encosta da parroquia de Vilariño, que mira cara a antiga ponte medieval sobre o Arnego.
Home, pois ainda que Bécquer case sempre ten razón, cómpre dicir que resulta un pracer leerte, incluso para os silentes (seguro).
ResponderEliminarE retomando a poesía hai que lembrar a Machado cando dicía aquelo de:
Caminante no hai camino...
Espero seguir andando contigo, polo menos, outros 11 meses.
Pois eu íate botar de menos cada noite que me achego a esta fiestra...
ResponderEliminarGústame o teu blogo porque falas de arte, de costumes e de paisaxes con amor e respecto.
ResponderEliminarSei que seguirás escribindo para a miña alegría.
Queiroas, queirugas, carquexas... que moitos nomes recibe esa planta silvestre que tamén en castelán ten un nome cheo de sonoridade: brezo
ResponderEliminarPareceme a mín que cando se ama algo ou a alguén nunca se lle seca a un a fonte das palabras.
Oes, Busto, eu son amante das fontes. xa sei que son unha descarada, pero ¿por qué non buscas un anaquiño de tempo e posme unha fonte da golada?
Terás a túa fonte, Zeltia. Dáme uns días. De manancial abundante, límpido e fresco.
ResponderEliminarSeguiremos aquí Paideleo coa consciencia de que toda obra humana é finita e ten prazo de caducidade.
Anónimo, de momento nin eu lle vexo a fin, pero matino que algúndía terá que rematar.
Chousa,de momento outros once meses e algo máis. Agora que hai pouco que sabemos que só o Farelo nos separa e nos une, hai que lle dar sentido.
Saúdos a todos vós que tamén sodes fontes onde eu bebo con ledicia.
Despois duns días sen internet, que tamén hai vida, volvo con agradecemento a un dos blogs que me fixo sentir o orgulo do Deza. Descoñecía A GOLADA, e sabes ti que neste pasado verán estiven pola vila dúas veces. Unha delas para comelo polbo na feira, cousa que ten perdón, e a outra para namorme dos pendellos.
ResponderEliminar¡Longa vida a AQUAM LATAM!
Ah, e fermosísima foto, faltaría máis...
ResponderEliminarPenso eu que a riqueza dun sitio está composta polo manterial e o inmaterial. O material tráenolo ti cada día cos teus relatos e as túas fotos. O inmaterial es ti mesmo, co xeito que tes de achegáronolo. Un pracer, Busto.
ResponderEliminarMoita forza e moita poesía.
Apertas
Fermosa esta policromía outoñal, e a seguir, que precisamos desas verbas e desas fotos.
ResponderEliminarApertas.
Pois eu nunca puxen os meus pes alí, pero creo que cando vaia, nada me será extraño.
ResponderEliminarFas unha gran labor e como non creo que xa che dixen que me encanta o teu blogue. Sempre haberá algo que dicir non te procupes, unha flor, un recuncho, unha anecdot, un recordo agochado...
ResponderEliminarEu non creo que Agolada sexa tan pequena, seguro que hai recunchos sen explorar. Moitos saúdos.
ResponderEliminarAnimo, queda moito traballo. Once meses non é nada. Date un respiro, tomao con calma, reinventa o blog pero non pares.
ResponderEliminarsaudos
Amigo Manolo, eu xa din fai tempo nun dos meus artigos de esceas cotians, no "Faro", a miña opinion, sobre o de "Non temos tempo", a verdade é que o temos,e as mais das veces o malgastamos, ata para morrer.... En canto a seca das ideas, non ai tal, sen dùbida botando unha ollada cos ollos abertos dun neno, é ti deso sabes dabondo, seguiremos a ser capaces de sorprendernos e maravillarnos. Iso é vivir, é transmitir sentimentos é saber gozar da vida.
ResponderEliminarE ti desbordas pola banda de babor e mais ainda pola de estribor a raudales....Unha aperta de buxo, como din sempre o noso "Pintor"